Sunday 08 de September de 2024

O alumnado da Escola Municipal de Música Magariños ofrece un concerto aos maiores da residencia ServiSenior Brión


O alumnado da Escola Municipal de Música Magariños de Brión ofreceu un concerto esta semana para os maiores da residencia Servisenior Brión, emprazada no concello. Unha actuación na que tomaron parte tanto o alumnado de canto dos distintos itinerarios (clásico, moderno e tradicional) como alumnos e alumnas do Plan Educativo Xeral e do Plan Educativo de Adultos, que agasallaron aos maiores cunha selección de pezas de artistas actuais de diferentes xéneros, dende Rosalía ata Taylor Swift.

Unha saída coa que culminan un intenso final de mes de maio de microconcertos, celebrados do 20 ao 24 de maio nas distintas aulas formativas da ESMU Magariños, en colaboración co Concello de Brión, a Deputación da Coruña e a Consellería de Cultura.